domingo, 15 de marzo de 2020

FP Básica I Miércoles 18 marzo de 2020.


ETAPAS DA PREHISTORIA



Podemos clasificar as etapas segundo: → o tipo de ferramentas utilizadas:
-Idade de Pedra: Paleolítico (pedra vella) e Neolítico (pedra nova).
-Idade dos metais: Idade do Cobre, Enolítico ou Calcolítico, Idade do Bronce e Idade do Ferro. → criterios económicos
- Paleolítico: etapa preagraria, economía depredadora. Paleolítico inferior: ( Australopiteco, Homo Hábilis, Homo Ergaster, Homo Erectus, Homo Antecessor) Paleolítico medio ( Homo de tipo Neandertal) Paleolítico superior ( Sapiens, Cro- Magnon, Chancelade, Grimaldi...)
- Neolítico: Comezo da etapa agrícola e gandeira, economía produtora.
- Idade dos metais: empeza a desenvolverse desde o final do Neolítico e continúa a división tradicional entre cobre, bronce e ferro. 4. O Paleolítico: unha economía recolectora e cazadora.

O Paleolítico («pedra antiga») é a primeira etapa da prehistoria. Vai desde xurdimento dos primeiros seres humanos (2,5 m.a.) ata o nacemento da agricultura cara ao 10.000 a. C. É un período moi longo caracterizado por unhas sociedades que se alimentaban da caza, a pesca e a recolección de froitos silvestres, raíces, larvas, ovos e crustáceos. As mulleres puideron dedicarse á recolección e os homes á caza de mamuts, cabalos, cervos, bisontes, renos, touros, etc.






Os utensilios que utilizaban estaban relacionados coas tarefas de subsistencia e eran cada vez máis pequenos e especializados. Estaban feitos principalmente de pedra ( silex), de madeira ou óso. Existían gran variedade de obxectos: propulsores, arcos, frechas, puntas triangulares, agullas, buriles entre outros.



Elixían lugares de fácil acceso á auga e con caza abundante para instalarse temporalmente, desprazándose a outra zona cando os recursos comezaban a escasear. Levaban unha vida nómade. Organizábanse en clans ou grupos familiares pechados de 30 ó 40 individuos.
Buscaban lugares resgardados para instalarse como covas e cavernas, e cando o clima permitíao ao aire libre ou en pequenas cabanas. O descubrimento e control do lume por o  Homo Erectus fai 1,5 millóns de anos permitiulles combater o frío, iluminar as covas, cociñar alimentos, defenderse de animais e doutros homes.


As primeiras manifestacións artísticas da prehistoria que coñecemos teñen uns 40.000 anos de antigüidade e realízanse no Paleolítico Superior.

Estas manifestacións artísticas clasificámolas en:

1.- Arte mobiliaria: inclúe os obxectos de adorno, da vida cotiá ou de función descoñecida que poden ser transportados dun lugar a outro. Un exemplo son as Venus Paleolíticas como a de Willendorf. Estes obxectos podían estar fabricados de pedra, óso ou marfil.



2.- Arte rupestre: engloba as pinturas e gravados que o home do Paleolítico Superior deixounos nas paredes das covas e abrigos nos que habitaba. Nelas reprodúcense animais cunha sorprendente perfección así como diferentes signos, mans e figuras xeométricas.



Cara a finais do Paleolítico, sobre o 10.000 a. C., produciuse un cambio climático que puxo fin á última glaciación. Os xeos retiráronse e produciuse un cambio nos recursos e nas formas de vida do home. Mamuts, bisontes, renos e cabalos extinguíronse ou emigraron cara ao norte e tras eles desprazáronse moitos grupos humanos. Os que decidiron quedar tiveron que cambiar a súa dieta e adaptar os seus instrumentos a esta nova situación. Esta etapa denomínase  Mesolítico.


Agardo que teñades un feliz mércores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...