Bos días,
espero que esteades ben.
A partir desta semana quero que empecedes a enviarme as vosas tarefas ao correo electrónico luciav@edu.xunta.gal.
A situación vaise alongar un pouquiño e, desta maneira, vou seguindo o voso traballo. Empezade enviándome os exercicios da semana pasada (cunha fotografía, unha captura de pantalla, escaneados...).
Calquera dúbida escribídesme un correo.
Ademais das fichas que tiñamos que terminar imos traballar un pouco a situación que estamos a vivir.
Gustaríame que puidésemos falar con calma sobre todo o que está a suceder, por iso, imos elaborar unha especie de diario no que reflectiremos as nosas inquietudes, as nosas opinións, os diferentes estados de ánimo e todo o que queirades comentar do noso día a día.
Tamén me gustaría que amosedes como repartides as tarefas en casa, quen sae á compra, como vos organizades na casa e a forma que tedes de comunicarvos coa xente que non comparte o encerro convosco (familia, amigos, veciños...).
Tamén podedes engadir o que máis vos gusta desta situación, por exemplo, pasar máis tempo coa vosa familia, poder durmir máis tempo... e se atopastes algunha forma nova de distraervos.
Recordade: Non hai mal que por ben non veña. Xa sei que desexamos que todo volva á normalidade pero seguro que se poden sacar moitos aspectos positivos desta situación.
Xa sabedes que podedes escribirme para calquera cuestión ó meu correo electrónico: luciav@edu.xunta.gal
¡Moito ánimo a todos e todas!