Como diciamos onte...
3. Os primeiros seres humanos.
Entre aproximadamente 7 e 5 millóns de anos produciuse a división entre a evolución humana e a dos chimpancés. Lamentablemente os restos fósiles que nos permiten explicar este proceso son moi escasos e controvertidos. Pero todos teñen unhas características comúns que os definen:
EXERCICIOS:
Procura das características que nos diferencias dos primates.
Chamamos hominización ao longo proceso polo que a especie humana foise diferenciando dos demais primates e adquirindo unhas características propiamente humanas.
Os primeiros homínidos apareceron en África e desde alí colonizaron o resto do planeta. Ao principio eran vexetarianos, pero debido aos cambios no clima tiveron que incluír a carne na súa dieta e isto permitiu o aumento do tamaño do cerebro.
Na actualidade, os restos de homínidos máis antigos coñecidos e que comezaron a camiñar ergueitos remóntanse ata os 6 millóns de anos como o Orrorín, o Ardipithecus Ramidus (5,7 millóns de anos) ou o Australopithecus Anamensis (4,2 millóns de anos).
Fai uns 4 m.a. apareceu en África o Australopithecus afarensis, un homínido que xa tiña unha posición bípeda, é dicir, camiñaba ergueito e alimentábase de plantas, froitos, e mesmo carroña.
Xénero Australopitecos. A el pertencen os fósiles de homínidos máis anti guos: entre 3,5 e 3,7 millóns de anos. De talla pequena, que non superaba 1,20 m, a súa capacidade craneana era de 500 c. c. e non elaboraron ferramentas, aínda que si utilizaban paus, ósos ou pedras.
Xénero Homo. Considéranse deste xénero todos aqueles homínidos capaces de elaborar ferramentas.
ACTIVIDADE
Procura as características como a alimentación, tamaño, cerebro, ferramentas e curiosidades do homo habilis, homo ergaster, homo erectus, antecessor, neanderthalensis e homo sapiens.
Feliz martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario