Hoxe repasaremos ciencias sociais continuando o tema do planeta Terra.
Comezaremos por unha "fake new". Xa sabedes que estas noticias falsas son bulos que axudan a desinformación, de feito poden cambiar os pensamentos e manipular á poboación.
Estas noticias falsas funcionan dende a antigüidade. Sempre se atribuíu o descubrimento do movemento de translación a Copérnico, mais se sabemos que a Terra vira ao redor do Sol non é grazas a Copérnico.
O que nos contaron: que Nicolás Copérnico, tras un estudo exhaustivo do movemento dos corpos terrestres, chegou á conclusión de que a Terra viraba sobre o seu eixo e que esta e o resto de planetas viraban á súa vez ao redor do Sol. E non ao contrario, como se cría ata ese momento. Así formulou a Teoría Heliocéntrica botándose encima á igrexa, fiel defensora da teoría geocéntrica (isto é, que era o sol -e o resto dos planetas- o que viraba ao redor da Terra). A Inquisición chegou a censurar a teoría de Copérnico, xa que poñía en dúbida a omnipotencia de Deus, reafirmando a inmobilidade da Terra.
O que realmente ocorreu: foi o astrónomo e matemático grego Aristarco de Samos o primeiro en decatarse de que o noso planeta viraba ao redor do sol. Así o explicou no tratado De revolutionibus caelestibus mil anos antes de que o mencionase Copérnico. " Aristarto de Samos viviu no século III antes de nosa era. Foi el quen propuxo o modelo heliocentrico que dezaoito séculos máis tarde mencionou na súa obra Copernico", afirma o catedrático da Universidade Autónoma de Madrid Javier Ordoñez. A pesar de que Aristarco xa o avanzou no século III a. c., a Teoría Heliocéntrica non foi tomada como unha teoría consistente ata que a formulou Copérnico no século XVI.
Exercicio práctico.
1.- Busca una noticia falsa que circule polas redes sociais e explica a razón da súa difusión e o que tenta conseguir.
Feliz mércores!