Bos días!
Pablo Picasso - “Las bañistas“ (1918, óleo sobre tabla, 27 x 22 cm, Museo Picasso, París)
Benvidos e benvidas á axencia de viaxes Marcho que teño que marchar. Temos unha oferta de última hora:
Coñece España a través dos seus monumentos.
Plazo de entrega: Semana del 25 - 28 de mayo.
Precisamos
información para poder completar o noso catálogo. Selecciona cinco
comunidades autónomas españolas e busca información dun ou
varios monumentos importantes.
Debedes indicar:
Nome da comunidade:
Provincias:
Capital:
Monumento ou monumentos máis importantes:
Breve descrición:
Fotografía:
Por exemplo:
Galicia
Posúe catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
A súa capital é Santiago de Compostela.
O monumento que imos destacar é a catedral de Santiago de Compostela, situada na provincia de A Coruña. A tradición sinala que nesta catedral atópase o sepulcro do apóstolo Santiago, o que a converteu nun destino de peregrinación europeo. Desde a Idade Media o camiño de Santiago foi un roteiro que comunicaba a península ibérica co resto do continente e potenciou o seu desenvolvemento cultural.
A súa historia comeza no ano 813, cando o ermitán Pelayo descobre a tumba de Santiago o Maior sobre o monte Libredón.
É entón cando o rei de Asturias, Alfonso II, ordena a construción dunha capela no mesmo lugar onde foron atopados os restos do apóstolo.
A catedral comezou a construírse no ano 1075, impulsada polo bispo Diego Peláez. Dese período consérvase o Pórtico da Gloria de estilo románico. Tamén románica é a fachada das Praterías, a única deste estilo que se conserva na actualidade.
Co paso do tempo engadíronse novos elementos que lle achegaron grandiosidade á Catedral de Santiago de Compostela, é o caso por exemplo da fachada barroca da Praza do Obradoiro, construída para protexer o Pórtico da Gloria.
Non podemos deixar de nomear o Botafumeiro que é o enorme incensario usado desde a Idade Media como instrumento de purificación dunha catedral na que se apiñaban as multitudes.
Para poñelo en movemento necesítanse oito homes, chamados ‘ tiraboleiros’,que o bombean tirando con forza e precisión cando se acha no punto máis baixo do seu percorrido. Desta forma o Botafumeiro alcanza en só minuto e medio unha velocidade de 68 quilómetros. Son en total 17 ciclos de vaivén que deixan nos espectadores un recordo para toda a vida.
Feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario