domingo, 15 de marzo de 2020

FP BÁSICA I Lunes, 16 de marzo de 2020.


Bos días!

Hoxe tiñamos unha proba das provincias de España polo que imos seguir repasándoas para o próximo día. Deixareivos unha serie de ligazóns nos que podedes ir comprobando os fallos que tedes. De feito, mesmo hai unha app para o móbil: PROVINCIAS-ESPAÑA. É gratuíto.







Mapa das provincias de España




Xogo interactivo (identificar las provincias en el mapa)

Xogo interactivo (identifica la comunidad a la que pertenece la provincia)

Provincias por comunidades autónomas (podéis aprender las provincias de cada comunidad)





O próximo día traballaremos coas sociedades prehistóricas




Comezaremos cunha introducción á vida na prehistoria.

1. Que é a historia?



A Historia é unha rama das ciencias sociais que estuda a evolución e acontecementos vividos polo home ao longo do tempo, incluída a etapa da prehistoria. O coñecemento do pasado é fundamental para poder entender o presente como resultado dun longo proceso de transformacións culturais, sociais, políticas e económicas. Coñecer o pasado axúdanos a ter unha visión crítica dos feitos e permítenos analizar o mundo no que vivimos con maior liberdade. O ser humano é o protagonista da historia pero non debe ser estudado como individuo illado, senón no contexto da sociedade na que viviu.

1.1. As súas fontes.

Para reconstruír o pasado os historiadores utilizan fontes históricas, é dicir, documentos, obxectos ou testemuños que nos transmiten o coñecemento total ou parcial dos feitos que sucederon. Podemos distinguir dous tipos de fontes históricas:



Fontes directas (ou primarias): Transmítennos a información sen necesidade de intermediarios. No caso do estudo da prehistoria recórrense a ciencias como a paleontoloxía, que estuda os restos óseos de seres do pasado (fósiles). Ou a arqueoloxía, que reconstrúe o pasado a través do estudo dos obxectos, utensilios e monumentos da antigüidade.






Fontes indirectas (ou secundarias): Son aquelas en as que si hai intermediarios no rexistro da información. E a persoa que expón os feitos (non os viviu en primeira persoa) introduce elementos de interpretación.










 2. As etapas da Historia.



Para situar no tempo un acontecemento concreto do pasado empregamos a cronoloxía, que utiliza diferentes unidades:



1. Ano: 365 días

2. Lustro: 5 anos

3. Década: 10 anos
4. Século:100 anos
5. Milenio:1000 anos
En Europa e nos países de cultura occidental, o punto de referencia temporal é o nacemento de Cristo (ano 1). Os feitos ocorridos antes desta data dátanse a. C (antes de Cristo) e os que sucederon despois, d. C (despois de Cristo). Por exemplo, o filósofo Platón morreu no ano 347 a. C. e o emperador romano Octavio Augusto fíxoo no 14 d. C.


Outro eixo fundamental da historia é o espazo. Debemos lembrar que a comprensión da Historia sempre require determinar cando e onde se desenvolven os feitos: o tempo e o espazo. Desde o punto de vista da cronoloxía (tempo) e para facilitar o estudo do pasado, os historiadores dividiron a historia da humanidade en períodos chamados idades.

O que nos ocupa neste tema inicial é a Prehistoria, que é a etapa da humanidade que vai desde a aparición dos primeiros homínidos fai 2,5 millóns de anos ata o descubrimento da escritura cara ao 3.500 a. C. Ao ser un período de tempo tan longo divídese, á súa vez, en tres subperiodos: paleolítico, neolítico e idade dos metais.


Ás veces, utilízase a seguinte comparación: Se se reproducise toda a historia da Humanidade nunha película de tres horas de duración, o tempo que correspondería á Historia propiamente dita, é dicir ao período da escritura, serían os tres últimos segundos.



ACTIVIDADE 1
Le a información sobre as fontes e as etapas da Historia e elabora un esquema explicando que é a Historia e cales son as características. ACTIVIDADE 2
Das seguintes afirmacións, marca a que mellor defina o concepto de Historia.


a. É unha ciencia que estuda a evolución do ser humano desde a súa orixe ata a aparición da escritura.
b. É a disciplina que estuda a evolución do ser humano desde a formación da Terra ata a actualidade.
c. É unha ciencia que estuda a evolución do ser humano ao longo do tempo desde fai uns 5 millóns de anos ata a actualidade. d. É a disciplina que estuda a evolución do ser humano desde que é sapiens sapiens ata a actualidade.



ACTIVIDADE 3

Indica se son materiais, escritas ou orais as seguintes fontes:
- A Constitución de 1789.
- O testemuño dun veterano da II Guerra Mundial.
- Unha fotografía do bombardeo de Guernica en 1936.


ACTIVIDADE 4

Le o a seguinte historia e indica que tipo de fonte histórica é o diario. “Imaxina que rebuscando no baúl dos teus avós atopas un diario no que se conta o contido das cartas de amor que se intercambiaron eles cando eran novos. Nelas, ademais de cousas persoais, cóntanse como o teu avó tivo que loitar na guerra civil española e o mal que o pasaba na fronte”.


ACTIVIDADE 5

Tendo en conta o exemplo anterior. Inventa unha historia na que atopes unha fonte histórica primaria e outra historia na que atopes unha fonte histórica secundaria.

ACTIVIDADE 6

Observa as seguintes datas e ordénaas no seguinte eixo cronolóxico: 622, 753 a. C., 2250 a. C., 1095, 1492.


Bo luns a todos e a todas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...