lunes, 30 de marzo de 2020

FP Básica I - Lunes 30 marzo de 2020.

Bos días!

                                                                                                                                                                              Debuxo de Uderzo.

Antes de comezar déixovos un aviso. Creei unha dirección de correo electrónico para que me enviedes as tarefas: lospuntosciegos@gmail.com. Non pasa nada se me enviades os exercicios para corrixir á que estabades a utilizar pero preferiría que usásedes esta de gmail que ten máis capacidade.





Se antes falamos do Paleolítico que significaba "pedra antiga" agora estudaremos o Neolítico. Esta palabra ven do grego: Neo (novo) e lithikós (de pedra) polo que os nomes xa nos están explicando que no primeiro período estamos ante unha pedra máis rústica fronte á pedra tallada do Neolítico.



O cambio climático iniciado no Mesolítico continuou e fixo que a temperatura da Terra aumentase nos inicios do Neolítico e fixo que se derretisen os xeos de Europa, Asia e América do Norte.

A paisaxe cambiou transformando as tundras en bosques. Os animais hervíboros dirixíronse ao norte e isto provocou escaseza de caza pero aumentaron as especies vexetais.


Que provocou o aumento das temperaturas?

Pois que os humanos puidesen saír ao exterior e establecésense en poboados. Todo isto denominouse "revolución neolítica". O cambio dunha sociedade cazadora e recolectora a outra agricultora e gandeira.




Este proceso produciu modificacións no estilo de vida e nas ferramentas utilizadas. Melloráronse as técnicas para perfeccionar os útiles e inventáronse ferramentas como aixadas, fouces, machadas, muíños... Outro dos seus descubrimentos é a cerámica que permitía a conservación do gran e dos líquidos. Ademais, tamén crearon tecido que se utilizaba para confeccionar pezas de vestir. A permanencia nun poboado fixo que puidesen observar o ciclo vital das plantas polo que obtiveron novos alimentos como o trigo, centeo, cebada, arroz ou máiz. Ademais, os animais eran mantidos en catividade e así se converteron en domésticos como ovellas, cabras, cans ou bueyes. Estamos ante o nacemento da agricultura que permitiu o sedentarismo destes primeiros homes. Onde situariades un poboado?

Pois seguro que buscades un lugar que teña auga preto e unha terra para cultivar.
Temos entón un cambio económico e social: unha sociedade cazadora e recolectora a outra gandeira e agricultora.

Non só iso, senón que a aparición de poboados (formados por casas de barro e palla) crean o concepto de propiedade privada. Incluso os utensilios teñen donos, por iso empeza a desigualdade social e, en consecuencia, empeza a primeira forma de poder político.

Esquema tomado de profehispánica.blogspot.com






1.- A actividade de hoxe consistirá en indicar nos números que aparecen no debuxo as accións da vida cotiá que están a realizar na sociedade neolítica:

a) Arando a terra b) Sementando c) Facendo pan

d) Levando auga e) Cultivando f) Tecendo g) Fiando h) Construíndo o poboado i) Coidando do gando j) Puíndo a pedra k) Moendo trigo l) Cortando madeira m) Elaborando a cerámica


Antes de terminar un dato curioso.

Ao principio púxenvos unha viñeta de Uderzo, ilustrador dos famosos cómics de Astérix e Obélix. Faleceu hai pouco e quería facerlle unha pequena homenaxe.
En 2013, cedeu a realización das historias de Astérix a un novo equipo creativo que foi elixido por el.
Curiosamente, fai tres anos publicaron un novo cómic titulado Astérix en Italia no que os famosos personaxes enfróntanse a un rival que ten o nome do novo virus contra o que pelexamos neste momento. Por suposto, venceron os galos.


Ilustración extraida do Abc cultural.



Como sei que vos gustan moito os xogos lémbrovos que hoxe no instagram de Verne hai un en directo:



Lunes, 30 de marzo [PRÓXIMO DIRECTO], a las 18:30 - Fantasma Blitz. 

Al igual que en el Dobble, al que ya hemos jugado en Verne, Fantasma Blitz es un juego de agilidad visual donde gana el primer jugador que localice la figura que aparece en la cara... O su contrario total.


Aquí tedes o enlace:  https://www.instagram.com/verne.elpais/?hl=es

Feliz luns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...