lunes, 30 de marzo de 2020

2ºESO B - Valores éticos - Martes, 31de marzo de 2020.

Bos días!


                                                                                                                                 
                                                                                                                                                Quino

Imos traballar coa democracia. O que significa o Estado de dereito, a participación, os nosos dereitos constitucionais...

Neste curto de animación explícase en que consiste a democracia e como funciona.




1.- O estado de dereito.


Hai moitas formas de Estado: monarquías e repúblicas; democracias e ditaduras; imperios e gobernos aristocráticos...


En moitas sociedades, os gobernantes gozaron dun poder absoluto, o que lles permitía saltaren as leis cando o crían conveniente e abusar impunemente dos seus súbditos.


Co tempo, foise impondo a idea de que, por moi poderoso que sexa un gobernane, existen uns límites que ninguén debe traspasar:

- O primeiro é o que marcan as leis, ante as cales todos debemos ser tratados da mesma maneira, incluíndo os que están no goberno e exercen o poder. Así, nunha sociedade xusta e ben organizada respéctase o imperio da lei, porque as leis indícannos o que debemos facer, e estas son iguais para todos e todas.

Por que é importante? Porque somos cidadáns e non súbditos.



- O segundo é a existencia de certos dereitos fundamentais que o Estado debe respectar en calquera circunstancia. Para que eses dereitos se respecten é necesario que estean acollidos na lexislación e que ningún goberno pida actuar ignorándoos.

"Para que non se poida abusar do poder, é preciso que o poder deteña o poder" Montesquieu.


- Finalmente, é necesario que o poder estea dividido e repartido entre distintas persoas e institucións para evitar abusos e garantir que ninguén se aproveita do seu posto. Deste xeito establécese un equilibrio onde cada oder controla e vixía os demais, evitando que una persoa ou institución domine o resto e impoña os seus puntos de vista.

O concepto de división de poderes debésmosllo ao filósofo francés do século XVIII Montesquieu (1689-1755). 



Fonte: Valores éticos 2. Vicens Vives.


1.- Para coñecer a separación de poderes que fixo Montesquieu tes que bucar información en internet e facer un resumo dos tres aspectos nos que divide o poder político.

2.- Busca as definicións das seguintes formas de Estado: monarquía, república, democracia, ditadura y oligarquía. 






Feliz martes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...