lunes, 30 de marzo de 2020

FP Básica I - Martes 31 marzo de 2020.

Bos días!


                                                    The Nightmare, John Henry Fuseli, 1781.


Seguimos co Neolítico.


O culto aos mortos segue sendo moi importante. Enterrábanse con ajuares e realizaban ritos relixiosos.

A pintura, a escultura e a cerámica alcanzaron un gran desenvolvemento. Estas artes contribuíron á aparición de monumentos megalíticos que tiñan unha gran función funeraria e relixiosa. Falamos dos dolmens/dólmenes, os menhires (como os que fabricaba Obélix), os cromlechs ou os sepulcros de galería.

Déixovos unha ligazón para que poidades localizar algunha mostra destes monumentos megalíticos na nosa terra.




Domen de Axeitos (Riveira)

De Arturo Nikolai - originally posted to Flickr as Dolmen de Ageitos, CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=5021076



Menhir de Lapa de Gargantáns (Moraña)


De Lameiro - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=58496534



No Paleolítico as crenzas estaban relacionadas coa maxia e o totemismo e inspiradas na vida animal. Con todo, no Neolítico preocúpanse pola inhumación dos corpos. Parece que xorde unha experiencia metafísica relacionada coa alma. Os ritos funerarios indican unha vida despois da morte e xorde a crenza dun "máis aló".

Por iso aparecen os ritos funerarios e o que se denomina "animismo" que sería unha crenza relixiosa orixinaria de moitas relixións históricas.

inhumación dos corpos practicábase debaixo das casas e atopáronse tamén cemiterios.


Déixovos unha ligazón para realizar un repaso sobre o que vimos desta etapa.





Elixe a resposta correcta:


1. O Neolítico caracterízase por ter: a) Unha economía depredadora. b) Unha economía industrial. c) Unha economía produtora. 2. As actividades neolíticas inícianse aproximadamente: a) Hai 15.000 anos. b) O 15.000 a. C. c) O 8.000 a. C.


3. As vivendas  neolíticas están feitas de:

a)  Adobe e pedra.


  b) Pedra e formigón.


  c) Pedra e cemento.


 

4. As actividades agrícolas e  pastoriles son iniciadas por:

a) O  Homo  neanderthalensis.


  b) O  Homo  sapiens.


  c) O  Homo  ergaster.


 

5. O  Neolítico trae consigo cambios nas formas de vida dos seres humanos aparecendo:

 a) O sedentarismo.


  b) As actividades depredadoras.



  c) A vida nómade.


 6. A presenza do  enxoval funerario nas sepulturas  neolíticas fai pensar que:

 a) As sociedades  neolíticas eran cristiás.

  b) As sociedades  neolíticas crían nunha vida despois da morte.

  c) As sociedades  neolíticas practicaban o canibalismo ritual.


 7. Os dolmens eran:

 a) Templos de culto ao sol.

  b) Tumbas individuais.

  c) Enterramentos colectivos.


8. Os útiles de pedra do  Neolítico son realizados:

 a) Puíndo a materia prima.

  b) De ningún xeito, porque xa non hai útiles de pedra.

  c) Tallando  toscamente a materia prima.



Aquí déixovos a  Buster  Keaton prehistórico. Espero que vos guste.




Feliz martes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...