viernes, 24 de abril de 2020

FP Básica I - Mércores, 29 abril de 2020.

Bos días!


Lucian Freud – “Girl with a Kitten” (1947, óleo sobre lienzo, Tate Britain, Londres)


Hoxe repasaremos ciencias sociais continuando o tema do planeta Terra. 


Comezaremos por unha "fake new". Xa sabedes que estas noticias falsas son bulos que axudan a desinformación, de feito poden cambiar os pensamentos e manipular á poboación.

Estas noticias falsas funcionan dende a antigüidade. Sempre se atribuíu o descubrimento do movemento de translación a  Copérnico, mais se sabemos que a Terra vira ao redor do Sol non é grazas a  Copérnico.

O que nos contaron: que Nicolás  Copérnico, tras un estudo exhaustivo do movemento dos corpos terrestres, chegou á conclusión de que a Terra viraba sobre o seu eixo e que esta e o resto de planetas viraban á súa vez ao redor do Sol. E non ao contrario, como se cría ata ese momento. Así formulou a Teoría Heliocéntrica botándose encima á igrexa, fiel defensora da teoría  geocéntrica (isto é, que era o sol -e o resto dos planetas- o que viraba ao redor da Terra). A Inquisición chegou a censurar a teoría de  Copérnico, xa que poñía en dúbida a  omnipotencia de Deus, reafirmando a inmobilidade da Terra.




O que realmente ocorreu: foi o astrónomo e matemático grego  Aristarco de Samos o primeiro en decatarse de que o noso planeta viraba ao redor do sol. Así o explicou no tratado De  revolutionibus  caelestibus mil anos antes de que o mencionase  Copérnico. " Aristarto de Samos viviu no século III antes de nosa era. Foi el quen propuxo o modelo  heliocentrico que dezaoito séculos máis tarde mencionou na súa obra  Copernico", afirma o catedrático da Universidade Autónoma de Madrid Javier  Ordoñez. A pesar de que  Aristarco xa o avanzou no século III a. c., a Teoría  Heliocéntrica non foi tomada como unha teoría consistente ata que a formulou  Copérnico no século  XVI.


Exercicio práctico.

1.- Busca una noticia falsa que circule polas redes sociais e explica a razón da súa difusión e o que tenta conseguir. 





Feliz mércores! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...