viernes, 24 de abril de 2020

FP Básica I - Luns, 27 abril de 2020.

Bo día!


Gerrit Dou – “Joven con racimo de uvas asomada a la ventana” (1662, óleo sobre tabla, 38 x 29 cm, Galleria Sarabanda, Turín)


Continuaremos coa literatura para repasar o seu concepto pois adoita definirse como o conxunto de obras escritas pertencentes a unha lingua, a unha cultura ou a unha nación. De aí que se utilicen desginacións do tipo literatura inglesa ou literatura clásica. De tódolos xeitos, como comprobamos o venres, a literatura é algo máis.

Contexto histórico

Un texto literario temos que interpretalo tendo en conta estes condicionantes:

- As circunstancias históricas que caracterizan o tempo en que viviu o autor. Non se entendería El Lazarillo de Tormes sen coñecer as circunstancias económicas da segunda metade do século XVI e a situación de miseria e pobreza da poboación.

- As relacións sociais propias da época do escritor e vividas por el. Por exemplo, non se comprendería a crítica social que aparece na poesía de Curros Enríquez se non o situásemos na Galicia do século XIX.

- As características culturais transmitidas como valores dunha sociedade concreta que poden cambiar co paso do tempo. Esto é o que sucede no Cantar de Mio Cid que está escrita en verso para facilitar a súa transmisión oral na Idade Media.


A linguaxe literaria

Calquera tipo de texto pode ser literario. Todo depende de que quen o escriba dote ao seu escrito dos trazos propios da literatura.
A linguaxe é o que diferencia un texto literario doutro que non o é, xa que reúne as seguintes características:

- É subxectiva: o escritor expresa sensacións e experiencias (vividas ou non por el).

- Imaxinativa: creación dun mundo que se pode ou non corresponder coa realidade.

- O escritor emprega figuras literarias: xoga co significado das palabras, co ritmo... Algunhas das figuras máis frecuentes son as metáforas, anáforas, paralelismos, hipérboles e antíteses.




Exercicio práctico.

1.- O seguinte texto de Federico García Lorca é literario. Convérteo nunha noticia actual:

Muerto se quedó en la calle
con un puñal en el pecho.
No lo conocía nadie.
¡Cómo temblaba el farol!
Madre.
¡Cómo temblaba el farolito
de la calle!
Era madrugada. Nadie
pudo asomarse a sus ojos
abiertos al duro aire.
Que muerto se quedó en la calle,
que con un puñal en el pecho
y que no lo conocía nadie.


Feliz luns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...