Non esquezades as fotografías para o padlet do Día do Libro!
Rematamos a clase de textos orais falando daqueles non planificados, é dicir, os que xorden de xeito espontáneo na fala como poder ser a conversa, que ten un carácter informal no que interveñen dous ou máis persoas.
Repaso
A linguaxe verbal inclúe, como xa comentamos, o uso de palabras para interactuar cunha ou máis persoas nun contexto concreto do que dependerá o acto comunicativo en si.
E outro é o formato escrito, que será por medio da lectura dun libro, unha conversación a través de aplicacións de mensaxería instantánea, etc., é dicir, representando gráficamente os signos dun idioma para que o receptor comprenda a mensaxe.
Exercicio práctico.
1.- Investiga sobre Miguel Gila. Quen era e a que se dedicaba? Pregúntalles aos teus pais, tíos, avós... se oíron falar del. Dilles que che conten o que saiban deste cómico.
2.- De que tipo é o texto de Gila? É improvisado ou está previamente escrito? Por que?
3.- A que se deben as continuas pausas do cómico? Que crees que tenta representar? Enche eses ocos coas intervencións do inimigo.
4.- Como é a linguaxe non verbal? Mira á cámara nalgún momento? Por que crees que o fai?
5.- Como definirías o vocabulario utilizado por Gila? É sinxelo ou complexo? Por que? Para responder a isto ten en conta a quen vai dirixida a mensaxe.
7.- As guerras non son un tema demasiado gracioso en si. Que crees que consegue Gila cando fai humor sobre a guerra?
Bo martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario