lunes, 20 de abril de 2020

2ºESO B - Valores éticos - Martes, 21 de abril de 2020.

Bos días!



Despois de ver estas escenas do Mago de  Oz (1939) ocórreseme que podemos facer un exercicio para buscar o noso camiño de baldosas amarelas.  


En clase falamos sobre como nos viamos dentro de quince anos e había moitos proxectos e soños por cumprir. Lembrade que esta situación é tan só unha pausa no camiño (Dorothy tivo moitas) pero atopou axuda en momentos difíciles e ela soubo corresponder da mesma maneira.



Dorothy quería atopar ao mago de Oz para que lle axudase a volver a casa. Agora mesmo volver a casa non é o problema, supoño. 

Exercicio práctico.

1.- Nós  traballaremos no que nos gustaría facer nun futuro e como nos vemos dentro duns anos. Que imos atopar no noso camiño? 


Meindert Hobbema - “La avenida de Middelharnis” (1689, óleo sobre lienzo, 104 x 141 cm, National Gallery, Londres)


Desfrutade do martes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...