martes, 19 de mayo de 2020

2ºESO B - Valores éticos - Martes, 19 de maio de 2020.

Bos días!




A túa árbore xenealóxica
Busca información acerca da túa familia e confecciona a túa árbore xenealóxica. Podes entrevistar os teus pais , tíos, curmáns, avós…
Se consegues fotos dos teus familiares, engádeas á túa árbore. Non fai falta que sexan orixinais: podes usar fotocopias ou facer uns debuxos.
Para este traballo é importante que queden reflectidas catro xeracións: a dos teus bisavós, a dos teus avós, a dos teus pais e a túa. Para cada persoa que elixas de cada xeración tes que recompilar a seguinte información:
a) Resumo biográfico: escribe o nome dos teus familiares, se foron ou non á escola , onde viviron, de que traballaron, cantos fillos tiveron…
b) Acontecementos históricos: que importantes acontecementos históricos tocoulles vivir? (guerras, catástrofes naturais, etc.)
c) Escola: Como era a escola nesa época? Como eran os mestres? Como eran os alumnos?
d) Personaxes famosos: Cales eran os personaxes máis populares nesa época?
e) Outras cuestións: engade outras informacións para enriquecer o teu traballo.
Feliz martes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...