martes, 19 de mayo de 2020

FP BÁSICA - Mércoles-Venres, 20-22 de mayo de 2020.

Bo día!



Barkley L. Hendricks - “Lawdy Mama” (1969, pan de oro y óleo sobre lienzo, 136 x 92 cm, The Studio Museum in Harlem, Nueva York)


Plazo de entrega: Semana del 18 - 22 de mayo.

1. Completa as frases cos elementos necesarios do cadro. Nalgúns casos hai varias posibilidades.

Con
o
que
de
a
cal
dende
os
cales
en
as
por


1. Ninguén sabe os motivos .................................... dimitiu o alcalde.

2. Na cidade atópase unha das fábricas dunha coñecida marca de coches, ...................................... dá traballo a miles de persoas.

3. Viches o último anuncio de TeleGA? Cal? Ese .................................... sae un can falando?

4. A antiga muralla romana, .................................... se atopa en moi bo estado de conservación, atrae numerosos turistas na cidade galega de Lugo.

5. Hai algúns riscos .................................... o viaxeiro debe ser consciente antes de visitar certos lugares.

6. Nunca me atopei nunha situación .................................... a miña vida correse perigo.

7. A Torre de Hércules, .................................... hai unha vista fantástica da Coruña, é visitada por miles de turistas.

8. Na actualidade hai moitas compañías de baixo custo, ........... ......................... favoreceu que a xente viaxe máis.

9. Recordas todo .................................... che dixen onte sobre Marcos e Ana? Pois resulta que era mentira.

10. Cando fun a Alemaña, os da compañía aérea perdéronme a maleta e claro, como non tiña.


2.- Redacción. Continúa esta historia.

Aínda non abrira os ollos cando soou o timbre da entrada. Levanteime rapidamente pensando que algo malo ocorrera. Era un repartidor que me traía un sobre.

- Bos días! Ana Belén Mosquera? - preguntoume.
- Ana - contesteille. Sempre odiei o meu nome.
- Aquí, por favor - sinaloume a pantalla dunha tablet para que asinase.
Recollín o sobre e pechei a porta mentres murmuraba un grazas case imperceptible. Non pesaba nada. Racheino pensando en que podía ser o libro que pedira a semana pasada. Estaba baleiro. Metín a man e tampouco atopei nada. Deille a volta e mentres o sacudía caeu algo branco. Agacheime curiosa para ver que era. Parecía unha pedra branca. Cando o collín entre os dedos decateime, non era unha pedra, era un dente. 


Boa fin de semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...