miércoles, 22 de abril de 2020

FP Básica I - Mércores, 22 abril de 2020.


Bo día!


Non esquezades as fotografías para o padlet do Día do Libro!



  1. O PLANETA TERRA


O planeta Terra e un dos oito planetas (Mercurio, Venus, a Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno) que xiran arredor dunha estrela que coñecemos como Sol e que, xunto a outros asteroides, cometas, meteoritos e satélites formas o sistema solar, que forma parte dunha galaxia chamada Vía Láctea.




        1.1. As partes da Terra

A Terra componse de varias capas superpostas de distintos elementos que a caracterizan de distinguen dos restantes planetas do sistema solar:


Codia: Capa externa da Terra.

Manto: É a capa que rodea ó núcleo. Divídese en manto externo e manto interno.

Núcleo: É a capa máis interna da Terra. Poder ser externa ou interna.

Hidrosfera: É a capa de auga que rodea a Terra A maior parte está composta por auga salgada que forma os mares e os océanos, mentres que a auga doce constitúe só un 3% do total.

Atmosfera: Trátase da capa gaseosa que envolve todas as anteriores. Dentro da atmosfera distínguense á súa vez varias capas entre as que destaca a troposfera, a máis próxima á superficie terrestre, onde se producen os fenómenos atmosféricos.



Utiliza unha mazá para representar as capas da terra. Se cortas a mazá en cuartos, de arriba a abaixo, a pel da mazá é moi similar á cortiza da terra, é moi delgada en comparación coas outras capas. A carne da mazá representa o manto da terra, que constitúe a maior parte da terra e está feito de roca fundida, moi similar ao asfalto quente. O núcleo da mazá aseméllase ao núcleo da Terra, que ten dous compartimentos distintos: un interno e outro externo.

    1.2. Os movementos da Terra

O planeta atópase en constante movemento, producido en dous sentidos:
    • Movemento de rotación. É o movemento que realiza a Terra sobre si mesma, de Leste a Oeste. Grazas a el teñen lugar a noite e o día, ao provocar que durante doce horas o Sol ilumine só a metade do planeta mentres a outra metade permanece ás escuras.


    • Movemento de traslación. É o movemento que realiza a Terra arredor do Sol. Este movemento segue unha órbita de forma elíptica que a Terra tarda en percorrer 365 días e case seis horas. O movemento de traslación e a inclinación do eixe producen a aparición das distintas estacións.

Exercicio práctico.

1.- Debuxa o sistema solar.


Feliz mércores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...