lunes, 23 de marzo de 2020

FP Básica I - Lunes 23 marzo de 2020.

Bos días,



A partir desta semana quero que empecedes a enviarme as vosas tarefas ao correo electrónico luciav@edu.xunta.gal. A situación vai alongar un pouquiño e, desta maneira, vou seguindo o voso traballo. Empezade enviándome os exercicios da semana pasada (cunha fotografía, unha captura de pantalla, escaneados...). Calquera dúbida escribídesme un correo.




Esta semana imos ver uns vídeos dun programa da televisión galega titulado Galegos no mundo. Xa que non podemos saír de casa, polo menos poderemos viaxar e coñecer outros países A tarefa para esta semana consistirá en ver un dos programas que vos indico e faredes un resumo en galego.



Cada un de vós teredes unha cidade asignada. Tedes que resaltar os aspectos máis importantes e o que vos chamara máis a atención. Traballaremos ademáis as tipoloxías textuais que estudamos na clase como o texto descriptivo, argumentativo, narrativo...




Para facer o resumo:

1.- Escoita con atención o vídeo para detectar as ideas principais. Busca o significado dos termos que non coñezas. Lembra que a comprensión completa do vídeoé fundamental para facer un bo resumo.
2.- Identifica as ideas principais. Podes facer unha esquema ou tomar notas nun caderno.
3.- Redacta o resumo construíndo unha secuencia de ideas xerais e omite todo o que non sexa importante.
4.- Adecúa a linguaxe usada para expresar fielmente as ideas.
5.- Corrixe o texto para que teña coherencia.
Deixarei aquí as ligazóns:



































































¡Desfrutade da semana e se tedes algunha dúbida podedes escribirme ó correo electrónico!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...