Anónimo pompeyano - “Retrato de una joven” (siglo I d.C, pintura al fresco, 37 x 38 cm, Museo Arqueológico Nacional de Nápoles)
1.- Lee as seguintes
definicións sobre a adolescencia realizadas por rapaces e rapazas
coma ti:
a) É unha etapa na que
queremos velo todo xa e descubrilo, porque nos damos conta de moitas
cousas que antes non viamos.
b) Creo que un
adolescente é un rapaz ou unha rapaza que necesita descubrir cousas
novas e ter ao seu lado os amigos. E, a veces, tamén necesita estar
só.
c) Un adolescente é
unha persoa que está a descubrir a vida e ten bastante interese por
vivila sen pensar en todos os perigos que pode haber.
d) Alguén con ganas de
vivir, que comeza a entender o sentido da vida e a descubrir que
existen máis cousas.
e) Somos persoas que
estamos descubrindo a vida; por iso é normal que nos desbordemos;
parece un tópico aquilo de que nos sentimos incomprendidos pero é
que realmente é así.
f) Alguén que está
cambiando diariamente e que está un pouco perdido sempre descubrindo
cousas novas.
Agora contesta
as preguntas seguintes:
- Relaciona cada
unha das definicións anteriores con un dos seguintes conceptos:
curiosidade
incomprensión
vitalidade
risco
desorientación
intimidade
- Que teñen en
común todas as definicións anteriores? Cal é a palabra
clave que se repite?
- Partindo da túa
experiencia persoal, redacta a túa propia definición sobre a
adolescencia.
Boa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario