lunes, 4 de mayo de 2020

FP Básica I - Semana 4-8 mayo de 2020.

Bo día!


Autorretrato. Joaquín Sorolla. 1909.

A pintura é un medio de comunicación visual. Trátase dunha das actividades humanas máis antigas, xa que aparece antes que a escritura. 

A arte pictórica tivo unha gran evolución e diferéncianse diferentes estilos e épocas como a pintura prehistórica, a  pintura medieval, a renacentista e barroca, a pintura moderna e a pintura contemporánea.

Exercicio: Imos analizar catro pinturas. Buscaremos información dos seguintes cadros para redactar un texto descritivo de cada un deles.


1.- Observar e describir.

   O primeiro que debemos facer é observar a pintura e describir a escena que estamos a presenciar. Axudarannos estas preguntas:

    Que representa a obra?

  Que elementos podemos ver? Animais, persoas, paisaxes…?

    Que simboloxía teñen?

    Quenes son os personaxes representados?

    Como van vestidos e que atributos levan?

    Existe un personaxe principal?

    Estas cuestións poden ser fáciles de responder a primeira ollada pero hai moitos detalles que nos perdemos nun só visionado. Quizá non recoñeces ao personaxe ou personaxes do cadro pero soarache a época á que pertence o seu vestiario. 

 2.- Unha pintura, un tema.

  Hai moitos temas: históricos, relixiosos, mitolóxicos, abstractos... Imos preguntarnos que tipo de tema crees que representa a obra.

3.- Composición.

    Debemos analizar a disposición dos elementos da obra, a situación na escena (illados, en grupo...)

4.- A iluminación e as cores.

   Na observación da obra pictórica debemos observar se hai un foco de luz que provoque contraste de luces e sombras (unha xanela, unha vela...)

Tamén pode ser unha iluminación uniforme cando a luz non resalta a obra.

Non podemos esquecernos das cores frecuentes: claros, suaves, escuros, brillantes, contrastados...

5.- Profundidade e volume.

As pinturas poden ofrecer sensación de profundidade cando aprecian paisaxes de fondo e as figuras e obxectos teñen volume. Noutras ocasións, poden ser pinturas planas, sen fondo e onde predomina o lineal con falta de volume como as obras do pintor francés  Henri Matisse.

6.- Movemento.

Algunhas pinturas producen sensación de movemento, como as que vemos na obra de Van  Gogh. Noutras ocasións, predomina un ambiente de quietude, con personaxes estáticos e liñas máis ríxidas.

7.- O autor e o seu contexto histórico.

Non debemos esquecernos do seu autor. Algunhas veces será fácil, pero en ocasións podemos atopar pinturas anónimas polo que deberemos situalas no seu contexto determinado.

8.- Interpretación histórica.

Por último, debemos engadir que moitas pinturas son reflexo dunha época e que os autores están inmersos nunha realidade histórica e social concreta da que non poden escapar.
Ao realizar un cadro, reflectir o contexto no que viven e as ideoloxías e crenzas dos seus contemporáneos.
Hai que determinar se estamos ante unha escena  alegórica ou realista, é dicir, se foi realizada de forma obxectiva ou é unha imaxe idealizada.
Tamén podemos reflexionar sobre o valor dese cadro como rexistro dun acontecemento do que non temos outras fontes, a chamada “pintura histórica”, que sería un instrumento de coñecemento, sobre todo se entendemos que a fotografía xorde no século  XIX.

Imos elixir as pinturas: 

1.- El Matrimonio Arnolfini, Jan Van Eyck.


2.- Los Borrachos o El triunfo de Baco, Diego de Silva y Velázquez.


3.- Guernica, Pablo Picasso.


4.- Nighthawks, Edward Hopper.


5.- La isla de los muertos, Arnold Böcklin.


6.- Los amantes , Magritte.



7.-  Ophelia, John Everett Millais.


8.- El triunfo de la Muerte, Pieter Bruegel el viejo.



Prazo de entrega: Semana do 4 - 10 de maio.

Tedes que escoller catro das pinturas e buscar información seguindo as pautas que vimos anteriormente.

Boa semana!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...