viernes, 3 de abril de 2020

FP Básica I - Viernes 3 abril de 2020.

Bos días!

Non é un venres normal, é o venres antes das vacacións.






Antes de terminar coas explicacións quería recomendarvos GaliciaLe. Podedes elixir un libro ou unha película da biblioteca e así gozar do voso tempo libre. Non fai falta ter carné. Por favor, non vos esquezades de recomendarme os libros, cómics, películas e series que vos gustaran.





Hoxe remata esta unidade sobre as sociedades prehistóricas. Imos ver un vídeo moi interesante sobre a procura do primeiro europeo. Espero que o gocedes. 

Para terminar fareivos unhas preguntas que se responden no propio documental.



Cuestións:

1.- Por que, segundo Eudall Carbonell, se produciu a separación entre os ancestros dos simios e o dos humanos?

2.- Que significa " bipedestar"? Dei un dous beneficios que se relacionan  coa  bipedestación.

3.- Que información transmítennos as pisadas fosilizadas no medio da sabana?

4.- Que é a "cresta sagital"?

5.- Cal foi a primeira especie do xénero homo?

6.- Por que se chama así o homo habilis? Como se alimenta?

7.- Por que foi unha gran sorpresa o descubrimento do Homo georgicus?

8.- Por que os hominidos colonizaron máis tardiamente Europa que Asia?

9.- Como se descubrion os xacementos de Atapuerca?

10.- Cal é a primeira especie que controlou o lume?

11.- Por que o investigador establece unha comparativa entre os Neandertais e os pandas?

12.- A que clima tivo que adaptarse o Homo Sapiens en África?

13.- Que nos indican os bisontes de Altamira?

14.- De onde vimos os europeos?



Espero que teñades unhas boas vacacións. Vémonos á volta. 






Feliz venres!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...