viernes, 17 de abril de 2020

FP Básica I - Venres, 17 abril de 2020.

Bo día!


                                                                                                     Sueño floral de Angels Planells


Hoxe repasaremos os textos. Xa sabedes que o texto é unha unidade comunicativa que posúe sentido, é dicir, que informa e comunica plenamente. Clasifícanse segundo a intencionalidade comunicativa do emisor en dialogados, narrativos, descritivos, expositivos e argumentativos.


Ademais, un texto pode ser oral (se con el podemos comunicarnos con outras persoas mediante a fala) ou escrito (se se crea para comunicarse con outras persoas a través da palabra impresa).

Os textos orais diferéncianse dos escritos porque:

- Non son permanentes no tempo.


- Acompáñanse de xestos e de diferentes entoacións porque axudan a comprender a información contida.


- Son inmediatos; moitos deles xorden de maneira espontánea e non precisan unha aprendizaxe formal previa.


- O rexistro da lingua - culto, coloquial ou vulgar- que aparece nestes textos depende da situación de comunicación. Por exemplo, unha tertulia na radio sobre política esixe un ton máis coidado ou formal 








que unha conversa entre amigos que admite a presenza de expresións e palabras máis propias dun rexistro coloquial ou informal.




Clases de textos orais

Planificados:

Monólogo: é a reflexión en voz alta dun emisor, xeralmente con fins literarios e nun contexto teatral.




Conferencia: é a exposición oral que realiza un emisor sobre algún tema específico ante un público interesado. A videoconferencia establécese sen que emisor e receptor compartan o mesmo espazo e realízase a través dunha rede de comunicacións.



Exercicios prácticos.

1.- Busca algún exemplo dun monólogo teatral e dunha conferencia e sinala as súas características.

Boa fin de semana!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ºB Valores - Semana 15-19 de junio de 2020.

¡Buenos días!                                                                                                                               ...